Exposición física

Exposición física

AcercArte nace co obxectivo de ser unha exposición itinerante.


Poder levar os cadros máis famosos da historia a lugares onde o acceso aos grandes museos era limitado.

Para iso dispoñemos de 27 reproducións fotográficas HD sobre lenzo enmarcadas fielmente, máis da metade a tamaño real.

E facelo dun xeito diferente, acompañado da miña Música, das miñas Composicións, cada unha delas creada para a TÚA pintura, xa que se basean, grazas á miña capacidade Sinestésica, nas súas cores.


Para min o mundo é cor e música.

Invítote a sentir o meu mundo.

Invítoche a ser Synesthetic durante a túa visita.


Para iso necesitarás o teu Smartphone.

Cada cadro vai acompañado dun Cartel, onde atoparás unha pequena descrición do mesmo e un código QR, co que accederás á súa Composición.


Deste xeito podes "escoitar" a pintura e "ver" a música.


Para poder ofrecer esta experiencia multisensorial a máis xente,

Contamos con chalecos hápticos de última xeración para que as persoas con algún tipo de discapacidade visual poidan "sentir" a Música.


Vémonos pronto en AcerArte!

Share by: